O director de FIGAN extende unha invitación para asistir a la nueva edición de la feria

O director de FIGAN extende unha invitación para asistir a la nueva edición de la feria

Queridos amigos do sector gandeiro, é todo un pracer dirixirme a vós para presentarvos a 17ª edición de FIGAN, un certame que, edición tras edición, se consolida como o evento de referencia para a produción animal no sur de Europa.

Do 25 ao 28 de marzo de 2025, Feira de Zaragoza será o epicentro da gandería, un espazo onde tradición e innovación van da man para ofrecer solucións aos retos do presente e do futuro. Este ano reunimos a máis de 1.100 marcas expositoras de 25 países en máis de 64.000 metros cadrados de exposición, un reflexo da fortaleza e proxección internacional deste certame. FIGAN non só é un escaparate das últimas innovacións no sector, senón tamén unha plataforma de encontro, negocio e coñecemento para todos os profesionais da produción animal.


Un dos fitos máis destacados desta edición é o Foro Lácteo, un espazo deseñado en colaboración con Vaca Pinta / Transmedia Comunicación, que nace co propósito de xerar un diálogo construtivo sobre a evolución da industria láctea

Nesta edición, FIGAN dá un paso máis no seu compromiso coa transformación do sector gandeiro. Queremos que esta feira non sexa só un lugar de exposición, senón tamén un foro onde se xeren oportunidades e se impulsen iniciativas de valor. Por iso, FIGAN 2025 presenta importantes novidades que responden aos grandes desafíos do sector: a dixitalización, a eficiencia produtiva e o benestar animal.

Un dos fitos máis destacados desta edición é o Foro Lácteo, un espazo deseñado en colaboración con Vaca Pinta / Transmedia Comunicación, que nace co propósito de xerar un diálogo construtivo sobre a evolución da industria láctea. Trátase dunha oportunidade única para que produtores, expertos e distribuidores analicen o presente e o futuro do sector, abordando temas como a modernización das explotacións, a valorización do produto final e a sustentabilidade. Ademais, porase o foco na transformación dixital na xestión da muxidura, os avances en xenética aplicada, a nutrición e a calidade do forraxe, a eficiencia produtiva e as tendencias de consumo. Este foro concluirá cunha cata de queixos e un espazo de networking, onde os asistentes poderán intercambiar ideas e explorar novas oportunidades de negocio.

FIGAN 2025 será unha feira global e transversal, onde os profesionais atoparán desde maquinaria tradicional ata as últimas innovacións en dixitalización, xenética, nutrición e sanidade animal. No pavillón 7, como xa é tradición, contaremos coa exposición de máis de 120 exemplares de bovino e ovino, promovendo o coñecemento sobre a xenética e a produción animal.

Pero FIGAN non só é unha plataforma de exhibición, senón tamén un espazo onde o sector se dá cita para definir o seu futuro. Por primeira vez, acolleremos a cotización das principais lonxas gandeiras de España, incluíndo a Lonxa de Binéfar, Mercolleida e a Lonxa do Ebro. Esta iniciativa reforza o papel de FIGAN como un evento clave para a economía do sector pecuario, consolidándose como un punto de referencia estratéxico na toma de decisións comerciais.

O futuro da gandería pasa pola incorporación de novas xeracións, e en FIGAN queremos darlles o protagonismo que merecen. Por iso, presentamos FIGAN Conecta Talento, un espazo pensado para facilitar o contacto entre empresas e profesionais, poñendo en valor a importancia da captación e retención de talento. Durante o evento, analizaranse as competencias máis demandadas na gandería moderna, a dixitalización na xestión de recursos humanos e as oportunidades laborais no sector.

Ademais, teremos a mesa redonda FIGAN Mozos Gandeiros, un espazo de debate onde destacadas figuras do sector e agroinfluencers compartirán a súa visión sobre os retos do relevo xeracional, a despoboación rural e as oportunidades do emprendemento no sector agropecuario. Este evento, moderado por Grupo Vall Companys, poñerá sobre a mesa solucións para garantir o futuro do sector.

Ao longo dos catro días de feira, FIGAN 2025 ofrecerá un completo programa de xornadas técnicas, onde expertos de primeiro nivel analizarán os principais desafíos do sector gandeiro. Debaterase sobre a Industria 4.0 aplicada ás granxas, o uso de novas materias primas na alimentación animal, a dixitalización, o control de enfermidades e o impacto do sector na loita contra o cambio climático.

FIGAN 2025 é moito máis ca unha feira. É o punto de encontro onde o presente e o futuro da gandería van da man. Un espazo de innovación, coñecemento e negocio ao servizo de todos os profesionais do sector. ¡Agardámosvos do 25 ao 28 de marzo na Feira de Zaragoza!