O exemplar Campgran Rocksteady Lambda gaña a nova edición do Concurso Catalán da Raza Frisona

O exemplar Campgran Rocksteady Lambda gaña a nova edición do Concurso Catalán da Raza Frisona

Esta pasada fin de semana, os días 15 e 16 de abril, celebrouse no marco da Feira Comarcal de Primavera en Campllong (Girona), unha nova edición do Concurso Catalán da Raza Frisona. O xuíz do certame, o galego Javier Álvarez, deulle a vitoria como vaca gran campiona ao exemplar Campgran Rocksteady Lambda, de El Campgran. O premio de xovenca gran campiona levouno Campgran Pasionaria Master, tamén da gandería El Campgran.