O equipo de Vaca Pinta deséxavos unhas felices festas

Aprezados lectores, seguidores e amigos,
Un ano máis, en nome de todo o equipo de Vaca Pinta querémosvos desexar unhas moi felices festas e un aninovo cheo de alegrías. 
Para nós, o 2022 foi un ano intenso e que estivo repleto de traballo, pero, vendo os resultados, diríase que fomos bos... malia que aínda podemos ser mellores!
Logo do sprint de fin de ano, agora toca descansar, pero a principios de xaneiro volveremos poñer en marcha a maquinaria e comezaremosa cociñar os novos proxectos que levan un tempo agardando a súa quenda. Se seguides connosco, amosarémosvos o que está por vir. Ata entón....
Bo Nadal! 
Equipo Transmedia