ABS, a través da súa filial francesa Bovec, foi galardoada en Innov'Space 2023, a exposición internacional de produción animal, co premio á innovación polo programa Beef In Focus e o índice NuEra. O premio é un recoñecemento ao índice NuEra Profit Beef da compañía, que avalía e identifica os rendementos de crecemento e acabado dos animais máis rendibles para a cadea de subministración de carne de vacún e permite crear animais con taxas de crecemento máis rápidas, menos días até o sacrificio e unha pegada de carbono reducida.
Un xurado composto por 50 expertos independentes da organización do Space examinaron coa máxima neutralidade e confidencialidade as novidades propostas polos expositores e seleccionaron os produtos, equipos ou servizos que presentaban unha innovación significativa. As innovacións clasifícanse en tres categorías en función do nivel de valor para os gandeiros ou usuarios finais do produto ou servizo: 1 estrela ou 2, e 3 estrelas para a mención especial do xurado.
NuEra Profit Index foi galardoado cunha estrela, de entre centos de participantes, onde só 37 innovacións foron premiadas. A de ABS foi a única innovación da industria xenética.