O equipo galego de Young Breeders School triunfa ante o resto

O equipo galego de Young Breeders School triunfa ante o resto

Ao longo desta fin de semana celebrouse en Battic (Bélgica) o maior concurso de manexo de Europa, o Young Breeders School (YBS), no cal participaron seis mozos galegos, todos socios do Club de Xóvenes Ganaderos. Trátanse de María e Andrea Otero, da granxa Fontixón (Castro de Rei, Lugo); Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo); Alba López, da Ganadería Quintián (O Páramo, Lugo); Simón Blanco, da Ganadería Queiruguera (Val do Dubra, A Coruña); e Xabier Montes, de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra).

O equipo español, organizado polo propio Club e a Federación Frisona Galega, coa colaboración de CLUN, obtivo os mellores resultados como equipo de todo o certame, impoñéndose ante os 28 restantes. Máis concretamente, María Otero quedou en terceira posición e, Xabier Montes, en cuarta.