O Goberno aproba un real decreto que desenvolve a figura do veterinario de granxa

O Goberno aproba un real decreto que desenvolve a figura do veterinario de granxa

O Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, un real decreto que establece as bases de desenvolvemento da normativa da Unión Europea (UE) de sanidade animal, no relativo ás obrigas de vixilancia dos titulares das explotacións gandeiras e ao plan sanitario integral destas, e que modifica varias normas de ordenación neste ámbito.

O novo real decreto, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), desenvolve a figura do veterinario de explotación, recolle o contido mínimo do plan sanitario integral das explotacións gandeiras e establece a frecuencia mínima das visitas zoosanitarias. Esta norma aplicarase en todas as explotacións gandeiras destinadas á produción de alimentos, ao aproveitamento comercial dos produtos gandeiros ou a fins agrarios.

Segundo establece o real decreto, o veterinario de explotación levará a cabo unha supervisión sanitaria e de benestar animal da explotación gandeira de maneira presencial e de forma regular. Ademais, a frecuencia das visitas zoosanitarias estará baseada no risco que presente a explotación e incluirán a supervisión dos aspectos recollidos no plan sanitario integral.

O real decreto fai alusión de maneira específica ás explotaciones de leite no anexo IV, onde se menciona o plan de cumplimento e o control de hixiene de leite.