O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) actualizou o visor do Sistema de Información Xeográfica de Identificación de Parcelas Agrícolas (Sigpac) para facelo accesible desde dispositivos móbiles. O obxectivo é seguir facilitando o acceso e manexo da información do sistema aos usuarios, que mostran unha crecente tendencia á navegación a través dos teléfonos intelixentes ou smartphones.
Outra das melloras no aspecto da usabilidade da aplicación é o deseño dunha interfaz de usuario moi intuitiva e que carga con facilidade a información da campaña en curso. Trátase dunha versión que mantén a funcionalidade principal do visor, así como as ferramentas e utilidades de navegación e interactuación cos mapas que conteñen a información xeográfica de interese agrario.
O acceso desde o móbil pódese realizar desde a seguinte url segura do MAPA coa última versión instalada do visor Sigpac: https://sigpac.mapa.gob.es/fega/visor/