O MAPA facilita o diálogo entre a industria láctea e a distribución

O MAPA facilita o diálogo entre a industria láctea e a distribución

O director xeral da Industria Alimentaria, José Miguel Herrero, presidiu a reunión sobre a cadea de valor do sector lácteo na que participaron a Organización Interprofesional Láctea (INLAC) e as tres asociacións representativas da distribución, a Asociación nacional de Grandes Empresas da Distribución (ANGED), a Asociación española de Distribuidores, Autoservicios e Supermercados (ASEDAS) e a Asociación de Cadeas Españolas de Supermercados (ACES).

Na reunión, na que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) facilitou o diálogo co fin de impulsar a sostibiliade da cadea de valor. Abordáronse temas que van desde a reforma e aplicación da lei da cadea alimentaria e as súas implicacións co sector para os retos de futuro, ata a necesidade de afrontar unha serie de compromisos para o bo funcionamento de todos os elos.

Herrero expuxo os datos sobre o consumo de leite dentro e fóra do fogar e explicou que, segundo os datos do Panel de Consumo Alimentario do MAPA, o 40,7 % do volume de leite líquido vendida en España está no rango de prezos entre 0,55 €/l e 0,60 €/l, mentres que o 27 % está entre 0,70 €/l e 0,80 €/l. Engadiu que houbo un cambio significativo no consumo de leite no fogar, cun crecemento do 7,1 % respecto de 2019, debido ao confinamento derivado da pandemia.

Ler nota completa