O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou hoxe unha Resolución pola que se flexibilizan temporalmente os requisitos específicos para a importación de millo de Arxentina e Brasil, tal e como avanzara a Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para animais (CESFAC) o pasado mércores. Isto facilitará a entrada en España de materias primas destinadas á alimentación animal que suplan a paralización das importacións de Ucraína pola situación de guerra na que se atopa este país.
A Comisión Europea convocou aos Estados membros a unha reunión para analizar as medidas a adoptar co obxecto flexibilizar determinados requisitos fitosanitarios aplicables ás importacións procedentes de terceiros países, no marco da normativa comunitaria de aplicación e en base á análise de riscos realizado por cada estado membro. Pola súa banda, o MAPA citouse coa Asociación Española de Comercio Exterior de Cereais e Produtos Análogos (AECEC) en dúas ocasións para analizar as medidas de flexibilidade que afectan o millo procedente de Arxentina e Brasil. En ambos encontros constatouse que o millo procedente dos Estados Unidos non presentaba ningún problema a estes efectos, non sendo necesaria ningunha medida excepcional.
Tras realizar a correspondente análise de riscos en relación a 10 produtos fitosanitarios, chegouse á conclusión de que 6 deles non presentan ningún problema ante a lexislación actual. Para os 4 restantes, o ministerio acordou establecer un límite superior de acordo coa citada análise de regas, relativo aos límites máximos de residuos de praguicidas en alimentos e pensos de orixe vexetal e animal. Desta forma, o sector importador pode comprar millo para a alimentación animal nos principais países produtores do mundo e, con elo, garantir o enlace na subministración do sector gandeiro en España.