Desde hoxe e ata o venres 6 de maio o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación mantén aberto o procedemento de consulta pública previo á tramitación de varios reais decretos que permitirán a aplicación do Plan Estratéxico nacional da Política Agrícola Común (PAC) para o período 2023-2027.
Serán obxecto de consulta son os seguintes proxectos de reais decretos:
- Real decreto sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagos directos e para o desenvolvemento rural no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. Establecerá as disposicións de aplicación de ambos os tipos de intervencións.
- Real decreto polo que se regula a gobernanza do Plan Estratéxico da PAC e dos Fondos Europeos Agrícolas de Garantía Agraria (FEAGA) e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Asentará a estrutura administrativa e os procedementos que permitirán a correcta gobernanza e execución do Plan.
- Real decreto sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da Política Agrícola Común. Regulará os principios dunha das intervencións máis importantes do Plan en canto ao apoio directo que presta a agricultores e gandeiros.
- Real decreto para a aplicación da condicionalidade reforzada e da condicionalidade social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas que reciban pagos directos, determinados pagos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de Opcións Específicas pola Distancia e a Insularidade (POSEI).
- Real decreto sobre xestión e controis das intervencións do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. Asegurará o uso correcto e eficiente dos fondos comunitarios.
- Real decreto sobre penalizacións das intervencións do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. Establecerá criterios para penalizar posibles incumprimentos das condicións que dan acceso ás axudas.