O leite e outros lácteos, como o iogur ou o queixo, producidos en Europa, despertan un crecente interese nos mercados internacionais grazas en boa parte tanto á súa calidade como ás esixentes normas de seguridade, trazabilidade, compromiso medioambiental e benestar animal. Así o recoñecen expertos de referencia, que animan ao sector lácteo a continuar por este camiño, en beneficio do consumidor e do planeta; entre eles, o enxeñeiro agrónomo Tomás García Azcárate.
Tal e como explica, algunhas producións agrarias son a columna vertebral sobre a que está construída a agricultura europea. É o caso da produción láctea e dos gandeiros de leite, en importantes rexións de todos os Estados membros da Unión. "As normas e regras de produción en Europa son as máis rigurosas do mundo, tanto no referente á calidade hixiénico-sanitaria do leite e o seu sabor como ao benestar animal e a proteción do medio ambiente", subliñou.
Neste senso, recorda que China recorreu ao leite europeo cuando tivo problemas de seguridade alimentaria coas súas producións infantís no pasado, mentres que en todo o mundo valórase de forma crecente aos queixos europeos cando se queren regalar alimentos con sabor, orixinalidade e con plenas garantías. "Respáldannos cada día en todo o mundo millóns de consumidores que escollen os nosos alimentos lácteos. Temos un tesouro e non sempre somos plenamente conscentes diso", engade o experto.
Desde InLac, remarcan os avances, logros e retos para cerca de 18.400 produtores lácteos do país e os 1.500 centros autorizados para a recollida e a transformación. "Gozamos dun sector lácteo punteiro e pioneiro en innovación, que aposta ademais de forma decidida pola maior internacionalización. Temos que aproveitar as oportunidades de mercado que se están abrindo", especificaron.