O Muvicla celebra mañá unha xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O Muvicla celebra mañá unha xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado na parroquia de Trasliste, en Láncara (Lugo), acollerá mañá a terceira xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas.

A presidenta da Asociación de Amigos do Muvicla, María J. Bande, dará a benvida aos invitados. A inauguración do encontro correrá a cargo da directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, Rosa Romero, e Santiago Sousa, de Durán Maquinaria, introducirá a xornada. Deste xeito, durante toda a mañá haberá diversos relatorios e, antes da pausa para a comida, levarase a cabo unha visita guiada polas instalacións.

Pola tarde terá lugar unha mesa redonda baixo o título de: "Agricultura e alimentación, con que enerxía?". O investigador do Laboratorio do Territorio da USC e gandeiro, Quico Ónega, será o moderador da devandita mesa redonda. A xornada chegará ao seu fin coa clausura, da man de Darío Antonio Piñeiro, alcalde de Láncara.