O Muvicla celebra unha nova xornada o próximo 24 de xuño: "O glamur é do máis rural que hai"

O Muvicla celebra unha nova xornada o próximo 24 de xuño: "O glamur é do máis rural que hai"

O Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla), de Láncara, acollerá o próximo sábado 24 de xuño unha xornada, baixo o título de "O glamur é do máis rural que hai". O evento dará comezo ás 18:00 horas.

O programa conta coas intervencións de Brais Vázquez, estudante de segundo curso de enxeñaría agrícola e director júnior de Muvicla, e de J. Rubén Abelaira, da asociación lucense de Automóbiles Antigos. Ademais, tamén haberá unha mesa redonda, na que participarán Xusto López, xornalista da corporación Radio Televisión de Galicia; Victoria Pose, enxeñeira industrial e post venda en Agrícola Mata S.L.; Manuel Iglesias, expresidente de Agamac, impulsor do Museo do Campo Galego e gandeiro xubilado; Jesús Romero, xerente de Tayre, concesionario oficial de Aston Martin España; Serafín Rodríguez, fotógrafo, restaurador e funcionario da Deputación de Lugo, e David Saumell, director de operacións de Rodi Motor Services.

Os interesados deben confirmar a súa asistencia previamente, a través do correo electrónico muvicla@muvicla.org ou chamando ao 619 389 069.