O prezo medio do leite en España para o mes de agosto continúa estable nos 47 céntimos por litro

O prezo medio do leite en España para o mes de agosto continúa estable nos 47 céntimos por litro

O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, establece o prezo medio en España correspondente ao mes de agosto en 0,473 €/litro, a mesma cifra que no mes pasado. En agosto de hai un ano o prezo se situaba en 0,476 €/litro.

Con respecto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producida no país, 598.017 toneladas, diminuíu en comparación ao mes de agosto de 2023, cando se declararon 602.011 toneladas.

As comunidades cos prezos máis baixos son Galicia (0,448 €/litro), Navarra (0,467 €/litro) e Madrid (0,469 €/litro), mentras que destacan con mellores prezos Canarias (0,630 €/litro), País Vasco (0,515 €/litro), Comunidade Valenciana e Asturias (0,505 €/litro).