Continúan os webinarios semanais da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe). O do próximo mércores 5 de maio, que se celebrará como vén sendo habitual ás 20:00 horas, terá como tema central a introdución á ecografía en vacún e correrá a cargo do especialista Jorge Ferrario.
É necesario facer previa inscrición para poder asistir. Aqueles que se anotaran desde o inicio para participar en todos non necesitan encher de novo o formulario.
Na súa páxina web pódese obter toda a información dos próximos seminarios online que ten programados a asociación.