O sector lácteo destaca a necesidade da sustenibilidade económica para lograr así a ambiental

O sector lácteo destaca a necesidade da sustenibilidade económica para lograr así a ambiental

A Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) celebrou a 64.º edición do Día Internacional Lácteo, coa participación do secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda; a vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e diversos expertos no sector. Baixo o lema "Sustentabilidade 360 no sector lácteo", os relatores reflexionaron sobre a aportación do sector á sustentabilidade en temas tan relevantes como competitividade, medio ambiente ou territorio.

A xornada foi inaugurada polo presidente de Fenil, Ignacio Elola, quen sinalou que "é imperativo que construamos unha industria sólida e sustentable, tanto en termos ambientais como sociais, para o que é imprescindible que o sexa tamén en termos económicos". Ángeles Vázquez, pola súa parte, puntualizou que os empresarios gandeiros e transformadores son fundamentais para xerar empregos de calidade e ben remunerados; ademais, destacou a necesidade de educar á sociedade sobre o verdadeiro valor dos produtos lácteos.

Tamén interviñeron neste encontro César Marcos, coordinador da Alianza por unha Agricultura Sustentable (Alas); Estefanía Iglesias, directora de sustentabilidade de Capsa, e María Segura, directora de calidade e medioambiente da Asociación de Cadeas Españolas de Supermercados (Aces). Finalmente, na clausura, Fernando Miranda resaltou a importancia dos contratos lácteos e a estabilidade nas relacións comerciais entre gandeiros e industria: "Se non hai sustentabilidade económica, non hai sustentabilidade medioambiental. Dende o Mapa impórtanos moito a faceta económica".