O SLG convoca ao sector leiteiro para valorar accións de demandar de uns prezos xustos

O SLG convoca ao sector leiteiro para valorar accións de demandar de uns prezos xustos

O Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo este xoves 28 de outubro. O obxectivo é pór en común os problemas tan graves que está a vivir o sector e decidir entre as persoas asistentes as accións que poden levar a diante. Este encontro, baixo a lema "Nin prezos nin PAC", terá lugar de 11:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

Resaltan que segundo os datos agosto, das 11.687 persoas produtoras de leite que sobreviven no Estado Español, 6.540 son galegas. Con todo, "non nos pagan o leite como no resto do Estado, nin se apunta unha mellora nos próximos meses". Engaden que o prezo medio estatal en agosto foi de 0,338 euros por litro, mentres que en Galicia de 0,327 €/l. "É de destacar que a maioría das granxas se sitúan en realidade por baixo desas referencias". Continúan que "as explotacións galegas de leite perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custos de produción" e prevén que esta situación empeore de xeito significativo a partir de xaneiro do próximo ano 2022, cando volvan ser estipulados os previos dos insumos que se negocian anualmente, como os cereais ou, nalgún caso, a electricidade.

Desde o Sindicado levan meses denunciando "esta situación que está a afogar ao sector leiteiro galego. Tamén enviamos unha carta ao Conselleiro de Medio Rural, aos grupos parlamentarios galegos, ás parlamentarais galegas de Madrid e ao Parlamento Europeo. Pero as decisións séguense a tomar na liña de discriminar e desprezar a Galicia", afirman.