O SLG lanza a todo o sector lácteo unha proposta de unidade de acción

Imaxe da protesta convocada por Agromuralla en Lugo
Imaxe da protesta convocada por Agromuralla en Lugo

A asemblea do sector lácteo do Sindicato Labrego Galego, celebrada o pasado 28 de outubro, acordou construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten "a ilusión" de que unha mobilización puntual pode resolver o problema. Para iso, a Secretaria Xeral do SLG trasladou a Unións Agrarias a proposta de que a mobilización do día 11 en Vilalba, diante de Lactalis, sexa unitaria e poida ser apoiada pola totalidade do sector.

A proposta de mínimos elaborada pola dirección do SLG componse de seis puntos:

  1. Conseguir de inmediato un prezo que cubra os custos de produción e que indique o camiño de prezos que permitan vivir ás granxas.
  2. Convocatoria urxente da Mesa do Leite e con carácter permanente. A Consellería de Medio Rural ten a obrigación moral de buscar todas as vías psoibles para recuperar unhas condicións que garantan a viabilidade de todas as granxas galegas.
  3. Desenvolver referencias de custos de produción por parte da administración que fagan que sexa real a aplicación da prohibición de venda a perdas que se recolle na Lei da Cadea.
  4. Establecer un sistema de mediación que impida os abusos sobre a parte produtora e que garanta que os contratos non sexan de adhesión. Devandito sistema será en Galicia.
  5. Prohibir que os operadores lácteos, sexa industria ou primeiro comprador, puedna operar se non teñen aval suficiente para o pago de bótea ou se se teñen detectado faltas de pagamiento con anterioridade.
  6. Establecer unha liña de traballo urxente coas Administracións para reducir os custos de produción. Impedirase a especulación coas materias primas, acabarase coas tarifas eléctricas que penalizan a produción de alimentos, axudas a programas de desintensificación.