- A segunda sesión do encontro dedicouse ao deseño das instalacións, o uso dos datos e a xestión do persoal.
Gandeiros, veterinarios, técnicos e demais profesionais do sector reuníronse entre onte e hoxe na Facultade de Veterinaria de Lugo para asistir ao foro técnico que organiza cada ano por estas datas a cooperativa Seragro.
A sesión de hoxe comenzou as 11:00 horas co enxeñeiro agrónomo, Alberto Jurado. Na súa exposición falou sobre a importancia do deseño e do manexo de instalacións nas explotacións leiteiras.
Xusto despois chegou o momento de Marc Pineda, veterinario especialista en saúde podal, coa súa charla sobre o manexo e mellora de instalacións enfocadas ao cuidado deste aspecto: a saúde podal.
Tras unha pausa para café, Aurora Villarroel, doutora veterinaria, foi a seguinte en intervir. Explicoulles aos asistentes como utilizar de maneira práctica os datos que nos dan as tecnoloxías na granxa.
O encontro continuou pola tarde, a partir das 16:30 horas. Os gandeiros Joan Viñolas, de Granja Mas Bes (Xirona), e Ángel Fernando San Juan, de Finca Prados Fondos (Valladolid), charlaron sobre a xestión do persoal.
A vixésima edición das Xornadas de Seragro chegou ao seu fin co acto de clausura, que consistiu no xa tradicional brinde do leite. Nesta ocasión, contaron con Federico Pérez, humorista, guionista e actor galego, como mestre de cerimonia.