O veterinario Juan Pascual presentou en Lugo esta mañá a súa obra Razóns para ser omnívoro: pola túa saúde e a do planeta

O veterinario Juan Pascual presentou en Lugo esta mañá a súa obra Razóns para ser omnívoro: pola túa saúde e a do planeta

A libraría La Voz de la Verdad, en Lugo, acolleu esta mañá desde as 11:00 horas a presentación do libro Razóns para ser omnívoro: pola túa saúde e a do planeta da man do seu autor, o veterinario Juan Pascual, que nesta publicación céntrase nas tendencias de consumo a día de hoxe. No acto estivo presente José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Zaragoza e executiveMBA polo Instituto de Empresa, no sector da sanidade animal Juan Pascual exerceu funcións de vendas, publicidade e dirección en diferentes países de América Latina, así como tamén en Francia, Italia, España e Estados Unidos. 

Neste libro desenvolve consideracións éticas desde o rigor e a estatística e repasa aspectos que a sociedade debate en torno ao animalismo sen evitar temas complexos, como as vacinas, a experimentación en laboratorio con seres vivos ou a alimentación das mascotas. As principais temáticas da publicación céntranse na condición omnívora dos humanos, na análise dos grandes desafíos aos que nos enfrontamos para a erradicación da fame e no estudo da produción de alimentos necesarios para unha poboación crecente, todo iso tendo sempre en conta o benestar animal.