O volume de negocio superou en Sarria os 34.000 euros

O volume de negocio superou en Sarria os 34.000 euros

Esta mañá Africor Lugo organizou no mercado gandeiro de Sarria, en colaboración co concello da localidade, unha poxa de gando frisón na que se puxeron en venda 14 animais.

O animal máis valorado foi Rego Banana 6092 Sol, un exemplar vendido pola gandería Casa Rego (O Incio) a Ganadería Xesteira (Zas) por 3.350 euros. O volume total de negocio do evento foi de 34.050 euros, cunha media de 2.432 euros.