A III Poxa de Gando Frisón da localidade lucense de Friol, organizada por Africor Lugo coa colaboración do Concello friolés, acaba de rematar cun volume de vendas de 50.350 euros. O evento desenvolveuse no mercado gandeiro da localidade e o prezo medio por cabeza dos animais foi de de 3.147 euros.
O exemplar que alcanzou o prezo máis alto nesta edición foi Casagabino Pellegrino Almendra, da gandería Casa Gabino de Friol (Lugo). Adquiriuno a granxa Casa Varela de Vilasantar (A Coruña) por un total de 5.000 euros.
Todos os compradores recibiron tres doses do touro Milord e outras tres de Strofa, grazas á colaboración de Xenética Fontao.