O volume de vendas en Santa Comba alcanzou os 45.150 euros

Foto de Xoán Ramón Alvite
Foto de Xoán Ramón Alvite

Africor Coruña e o Concello de Santa Comba celebraron esta mañá a XX Poxa de Gando Frisón, na que se venderon todos os animais e o volume de vendas alcanzou os 45.150 euros. O prezo medio de venda das frisonas foi de 2.508 euros.

Cundins Energy Artist, da gandería Cunordam SC (Zas, A Coruña), foi o animal que logrou o prezo máis alto, 3.500 euros, e adquiriuno a Gandería Míguez de Santiago de Compostela.

Resultados da poxa