Gandería Xesteiro volveu comprar o animal máis caro por 4.100 euros

Gandería Xesteiro volveu comprar o animal máis caro por 4.100 euros

Africor Coruña celebrou esta mañá, coa colaboración do Concello de Boimorto, unha poxa de animais frisóns e jersei. Vendéronse os 10 lotes presentados e o volume de vendas alcanzou os 33.300 euros. O prezo medio das vacas foi de 3.330 euros.

A gandería Xesteiro de Zas volveu adquirir o animal máis caro da poxa, tal como ocorreu na poxa de Santa Camba o domingo pasado. Nesta ocasión CAMPA MASCALESE 9632, presentada por a SAT A Campa de Curtis (A Coruña), foi a vaca que logrou o prezo máis alto, 4.100 euros.

Resultados completos: