O XXIV Premio Aresa decidirase entre 12 candidaturas

O XXIV Premio Aresa decidirase entre 12 candidaturas

A Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), recontou todas as candidaturas rexistradas para participar na vixésima cuarta edición do galardón e o gañador estará entre as seguintes 12:

        1. Proxecto Eo Alimenta
        2. Proxecto Moirai
        3. Slow Food Compostela
        4. Apicultura no Concello de Boborás
        5. Moexmu
        6. Proxecto H2GZ As Pontes. The City Under The Lake
        7. Cosmética Muuhlloa
        8. Traloagro
        9. Puresa
        10. Asociación Soutos do Courel
        11. Candidatura conxunta dos grupos de investigación Farmatox, da Facultade de Veterinaria, e NanoMag, da Facultade de Física da USC
        12. Traballo Influencia dos residuos de funxicidas a base de mepanipirim sobre a composición aromática do viño

O xurado, composto nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; a conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, e a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero, examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora o martes 31 de xaneiro.

 

O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.