Entidades de L'Empordà, en Girona, organizan unhas xornadas en liña sobre xestión emocional nas granxas

Entidades de L'Empordà, en Girona, organizan unhas xornadas en liña sobre xestión emocional nas granxas

L'Escola Agrària i Alimentària de l'Empordà e a Cooperativa Ramaders del Baix Empordà, coa súa veterinaria Anna Targa i Barrera á cabeza, promoven unha formación orientada á xestión emocional e motivación das ganderías. O ciclo de ponencias está coordinado polo asesor e consultor Sebastián Martín.

As sesións desenvolveranse en liña os días 7 e 14 de febreiro. É necesaria a inscrición previa para ambos os días.

O 7, tras a presentación, levaranse a cabo dúas ponencias, baixo o título: ¿Por qué es necesario hablar de gestión emocional en las ganaderías? Aspectos importantes en la gestión de la mano de obra y el fomento del relevo generacional.

O 14, a xornada organízase baixo o paraugas dos factores de xestión emocional que impactan no rendemento.

Desde a organización consideran que na gandería, como en calquera empresa, se as xestións operacionais xa están optimizadas, serán o compromiso, a vontade e a sinerxía entre os membros do grupo os que marquen a diferenza entre un resultado mediocre e un excelente.