Encontro de gandeiros na Estrada para recoñecer o seu labor

Encontro de gandeiros na Estrada para recoñecer o seu labor

Durante esta mañá, celebrouse un encontro cos gandeiros da comarca pontevedresa Tabeirós-Terra de Montes, que tiña como finalidade recoñecer o traballo levado a cabo polos propietarios das explotacións da zona e, tamén, dar a coñecer as melloras conseguidas en termos de calidade e optimización de recursos. O acto tivo lugar no hotel Samaná da Estrada (Pontevedra).

A sesión contou cunha charla sobre o sistema de monitorización en gando vacún, a cargo de Juanjo Núñez, de MSD Animal Health. Seguiulle a gandeira Vanessa Carro, para falar sobre a recría. Para finalizar esta cita entregáronse os premios ás explotacións leiteiras da comarca con mellores resultados no control leiteiro recolleitos por Africor Pontevedra.

O acto contou coa presenza do director xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, e a concelleira do municipio anfitrión María de los Ángeles Pais Carbia.