Enquisa da USC para coñecer as necesidades do sector sobre o control das malas herbas

Enquisa da USC para coñecer as necesidades do sector sobre o control das malas herbas

Desde o grupo SILVOPAST da Universidade de Santiago de Compostela colaboran como socios no proxecto Horizon 2021 Oper8  (https://www.oper-8.eu/), unha iniciativa que pretende crear unha rede que permita compartir o coñecemento xerado por Grupos Operativos e investigadores a actores clave como son agricultores, gandeiros, servizos de extensión, asesores etc. 

En primeiro lugar, analizarán as necesidades de mecanismos de control alternativo aos métodos convencionais de malas herbas e os obstáculos para a súa aplicación. A continuación, crearán un inventario de solucións para estas necesidades, barreiras e lagoas... para a partir destas solucións desenvolver plans de acción nacionais.

Para iso e como un dos pasos iniciais, desde Oper8 crearon unha enquisa para coñecer as necesidades do sector ou preocupacións respecto disto. Agradecen a participación na enquisa a través da seguinte ligazón: https://adas-survey.onlinesurveys.ac.uk/oper8_needs-gaps-barriers-survey_spain