Entregadas as distincións de Africor Lugo ás mellores ganderías da provincia en 2023

Entregadas as distincións de Africor Lugo ás mellores ganderías da provincia en 2023

A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, fixo onte entrega dos galardóns ás mellores ganderías da provincia no ano 2023. O obxectivo destes premios é recoñecer o esforzo dos gandeiros que traballan día tras día pola mellora da súa explotación, na procura de animais cada vez máis lonxevos e rendibles que permitan producir leite de boa calidade durante moito tempo.

Para estar no grupo das mellores ganderías da provincia é preciso colocarse entre as mellores cen por produción, índices xenéticos e cualificación morfolóxica. Segundo este criterio, as tres mellores da provincia de Lugo en 2023 foron, por esta orde, Casa do Rego (Láncara), Lodos e Pérez (A Pastoriza) e Casanova (Baleira).

Ademais, Rodasinde, de O Saviñao, conseguiu ser a mellor por produción media por vaca, con 16.286 kg de leite; Baixo Holstein, de Sarria, logrou obter a mellor cualificación media, con 88,79 puntos, e SAT Agosto Darriba, da Pastoriza, a mellor por índices xenéticos, cun promedio ICO de 1.171.

Mellores ganderías da provincia en 2023

GANDERÍA

 CONCELLO 

CUALIFICACIÓN MORFOLÓXICA

PRODUCIÓN POR VACA

ÍNDICES XENÉTICOS

CASA DO REGO

LÁNCARA

83,18

14.726

1.140  

LODOS E PÉREZ

A PASTORIZA

81,33

15.131

1.138  

CASANOVA

BALEIRA

82,20

12.959

1.138  

MASEDA

POL

82,14

12.896

1.140  

CADENAS

CASTRO DE REI

81,81

13.015

1.133  

VEGA

CASTRO DE REI

81,80

12.908

1.135  

TENDEIRO

O PÁRAMO

80,94

14.055

1.133  

COSTUREIRO NOVA

SARRIA

82,95

12.797

1.125  

CARREIRA

O INCIO

81,61

13.650

1.123  

NEIRAS

SARRIA

81,16

12.829

1.134  

DO REI

A PASTORIZA

80,96

13.429

1.127  

VILAR ALAXE

CASTRO DE REI

81,11

12.542

1.128