Santiago de Compostela acolleu esta mañá o acto de entrega da sexta edición dos Premios Exceleite, os galardóns á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.
No acto, presidido polo conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e dos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra, Gonzalo Trenor e Luis López, o titular de Medio Rural definiu estes galardóns como “o recoñecemento da Xunta polo esforzo de gandeiros e gandeiras de Galicia comprometidos coa calidade". Unha estratexia que, sinalou González, “é a panca que facilita a consolidación definitiva do sector lácteo galego, tanto no conxunto de España como fóra do noso país”.
O conselleiro indicou que, ao abeiro disto, “continuamos a avanzar na profesionalización, na mellora da rendibilidade, así como na defensa da excelencia dos nosos produtos, mesmo por riba da cantidade”. Malia que sexa “evidente que somos capaces de competir en cantidade sen perder calidade”, engadiu.
PREMIADOS
Con esta finalidade de recoñecer os gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen nas súas explotacións, os Premios Exceleite distinguen as granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, estas subdivídense en tres grupos segundo o sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Tamén se recoñecen de xeito específico as mellores explotacións ecolóxicas.
Desta maneira, foron un total de 20 as ganderías galardoadas:
