Entrepinares sóbelle o prezo aos gandeiros desde o 1 de outubro

Entrepinares sóbelle o prezo aos gandeiros desde o 1 de outubro

A empresa Entrepinares acaba de facer público que lle sobe os prezos aos seus produtores en Galicia e que xa está a asinar os novos contratos estes días cos seus gandeiros, firmas que terán validez xa desde o 1 de outubro ata o 31 de marzo, data na que finalizaban os contratos anteriores.

Os gandeiros que entregan o seu leite a Entrepinares pasarán a cobrar 355 €/tonelada de prezo base, sempre cun mínimo de 3,80 % de graxa e 3,30 % de proteína. Ata o de agora estaban cun prezo base de 330 €/tonelada con mínimos en canto a calidades de 3,80 % de graxa e 3,10 % de proteína. A décima adicional de proteína cobrarana a 7 €/t e a décima adicional de graxa, a 4 €/t.

Desta maneira, Entrepinares quere seguir potenciando a súa liña de produción de sólidos, para a que considera moi importante a mellora xenética e o bo manexo dos animais nas súas granxas, todas certificadas en benestar animal.