O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo (COVLugo) é coñecedor desde hai tempo da gran cantidade de patoloxías que padeceron ou padecen os veterinarios como consecuencia do desenvolvemento do seu traballo. Por iso, lanzan esta enquisa epidemiolóxica anónima para recoller a información acerca de lesións músculo-esqueléticas que sofren os profesionais da Veterinaria e a súa posible relación cos riscos ergonómicos aos que se ven expostos no desempeño da súa profesión.
O obxectivo final deste estudo é dar a coñecer esta problemática ao Sistema Nacional de Saúde de cara a iniciar os trámites necesarios para conseguir que se inclúa a Veterinaria entre as profesións susceptibles de sufrir enfermidade profesional por lesións músculo-esqueléticas por sobrecarga.
Neste vídeo, M.ª del Camino Camiño Ferrero, conselleira do Departamento Social e Laboral do COVLugo; José Luis Benedito, presidente do COVLugo, e Luis Salvador Castro, especialista universitario en Valoración do Dano Corporal e en Fisioloxía do Exercicio, explican a necesidade de levar a cabo esta iniciativa.