O V Encontro da Mocidade Gandeira, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, celebrarase este venres día 12 de xaneiro na cidade de Santiago de Compostela; máis concretamente, no hotel NH Collection.
Ás 10:45 horas comezarán estas xornadas coa recepción de asistentes e a benvida e, a continuación, Antonio Díaz, de MSD, falará sobre "o presente das granxas do futuro". Despois dunha breve pausa para o café, Montserrat Vázquez, de Bayer, impartirá un relatorio sobre o uso sustentable de fitosanitarios. Posteriormente, haberá tamén dúas mesas redondas: "Formación e incorporación ao sector" e "Experiencia, presente e futuro". Na clausura participarán Manuel Sandamil, presidente de Fefriga; Avelino Souto, presidente do Clube de Xóvenes Gandeiros, e Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
Os interesados poderán inscribirse a través deste correo electrónico: clubxovenes@fefriga.com