Europa rexeita as bebidas vexetais nos centros escolares como alternativas ao leite

Europa rexeita as bebidas vexetais nos centros escolares como alternativas ao leite

O Parlamento Europeo pon en marcha un plan escolar que busca favorecer os alimentos de proximidade, non procesados e ecolóxicos nos colexios da Unión Europea. Con esta medida, búscase unha adopción de, polo menos, un 25 % de produtos ecolóxicos. Cabe destacar como punto positivo que rexeitaron de forma clara o uso das bebidas vexetais como alternativas ao leite, o cal favorecerá tanto aos nenos dos colexios como ao sector en xeral.

Para racionalizar a administración deste plan escolar, Carmen Avram, eurodeputada de Rumanía, redactou un informe que defendeu no mes de maio ante o Parlamento, no que se avogaba polos produtos orgánicos, con indicadores de calidade e producidos a nivel local. 

Algúns dos asuntos nos que máis se incidiu foi en aumentar o presuposto destinado á distribución de produtos lácteos, froitas e verduras, e en intentar favorecer a pequenos agricultores e produtores locais. Con respecto ás emendas que pedían que se incluísen bebidas de orixe vexetal como substitutas do leite, estas foron denegadas con rotundidade. Finalmente, a eurodeputada expresou que non deberían estar permitidos os produtos que conteñen graxas, sales, azúcares e edulcorantes engadidos.