A investigadora do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), María José Bande, presentou esta mañá nunha xornada técnica en Ordes a avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro realizada polo centro.
Aproveitamos a ocasión para falar con ela sobre a evolución deste programa levado a cabo polo CIAM desde hai 23 anos, a información que achega aos gandeiros e a súa opinión sobre a colleita deste ano.