Falece Carlos Méndez, xerente fundador de Ascol

Faleceu aos 64 anos Carlos Méndez Suárez, xerente fundador da Cooperativa Asturiana de Control Lechero (Ascol) e figura clave para o sector nas últimas décadas. Esta tarde ás 20:45 terá lugar un rosario na capela do Tanatorio de Jarrio (Coaña) e o funeral será mañá ás 18:00 na igrexa parroquial de Santa Marina - Puerto de Vega.

PROFESIONAL EXEMPLAR

Controlador, calificador, importador, xuíz... Durante a súa carreira profesional, Méndez abarcou e contribuíu a potenciar numerosos ámbitos do sector vacún leiteiro. Como seleccionador, dicía que a súa primeira vinculación xurdira aos 17 anos, axudándolle a seu irmán, un dos primeiros controladores leiteiros de Asturias, a seleccionar os animais para o Concurso Exposición de Navia. Pouco despois, tras acabar a carreira de Ciencias Químicas e mentres traballaba no laboratorio leiteiro de Reny Picot e facendo o control leiteiro da zona, presentouse a un proceso de selección do que saíu elixido como un do tres primeiros calificadores do país.

Méndez traballou tamén durante varios anos para a empresa hispanoamericana Livestock Mercadotecnia Services importando xovencas de Canadá e Italia e ofrecendo asesoramento os seus clientes ata que, tras a probación en decembro de 1986 da Constitución da Asturiana de Control Leiteiro, pasou a encabezar este proxecto, encargo que afirmou asumir como unha honra. Entre outros fitos, baixo a súa xerencia Ascol converteuse no primeiro centro español e o segundo europeo en ofrecer seme sexado e foi un dos primeiros en apostar pola xenómica no país. Así mesmo, tamén se comezou a levar o Libro Genealógico da raza en Asturias, creouse o Centro de Selección de Cenero e desenvolveuse o SireScan, o primeiro programa de axustes español.

Profesional exemplar e persoa intachable, desde esta cabeceira enviamos o noso máis sentido pésame á súa familia e os seus compañeiros e amigos de Ascol.