A Federación Frisona Galega (Fefriga) fixo públicas as mencións honoríficas ao traballo dos mellores criadores galegos, co obxectivo de promover e renderlles homenaxe, este ano con máis razón que nunca, a aqueles que co seu esforzo, dedicación e profesionalidade máis se distinguiron durante o pasado ano.
Podes consultar as listas destas distincións honoríficas outorgadas ás explotacións e aos animais, tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica, nestas páxinas publicadas no último número da revista Vaca Pinta.