Feiradeza acollerá un Open do 1 ao 3 de xullo

Vaca gran campiona da XXXVI Feiradeza
Vaca gran campiona da XXXVI Feiradeza

A XXXVII edición de Feiradeza celebrarase os días 1, 2 e 3 de xullo no multiusos Lalín Arena (Lalín, Pontevedra) e, como principal novidade acollerá un Open no que participarán animais de España e, mesmo, internacionais. Tamén incluirá os concursos de preparadores e manexadores e a poxa. 

O comité organizador do evento reuniuse hoxe para concretar os detalles do concurso e no encontro deron a benvida ao novo presidente de Xuncoga, Manuel Taboada Castro, quen tomou o posto de Manuel Fernández López, e a Begoña do Pozo Martínez, como Xefa de Área de Lalín dos Servizos Veterinarios Oficiais. Así mesmo, tamén se renovou o equipo coa incorporación dun grupo de mozos gandeiros: Jesús María Montes Vázquez, Alejandro Fernández Carral, José Silva Barros, Álvaro Pérez Fernández, Esteban Gestoso Bello e José Manuel Pereiro Corral.