Finaliza a Poxa de Gando Frisón de Friol cun prezo medio de 2.326 euros

Finaliza a Poxa de Gando Frisón de Friol cun prezo medio de 2.326 euros

Acaba de finalizar a Poxa de Gando Frisón da localidade lucense de Friol, que organizou Africor Lugo en colaboración co Concello, no mercado gandeiro municipal. Vendéronse os 17 dos 19 animais sacados a pista e alcanzouse un volume de vendas de 39.550 euros, cun prezo medio por cabeza de 2.326 euros.

O exemplar poxado polo prezo máis alto foi Neiras Bandido 3631, presentado pola gandería Neiras de Sarria (Lugo), que o comprou a gandería Roca de Friol (Lugo) por 3.050 euros.