Finaliza a quinta Escola Iniciación de Futuros Gandeiros de Fefriga

Finaliza a quinta Escola Iniciación de Futuros Gandeiros de Fefriga

Punto final á quinta edición da Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros, que organizou a Federación Frisona Galega (Fefriga), xunto co Club de Xóvenes Gandeiros e co apoio de CLUN, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín. Tivo lugar ao longo desta semana na Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra).

Nesta edición, a segunda deste verán, participaron unha vintena de mozos. Dende a organización remarcan o valor deste tipo de celebracións, orientadas a rapaces de entre 8 e 25 anos, para dinamizar e atraer á xuventude ao sector, na medida en que ofrecen aos asistentes a posibilidade de gozar dunha semana de formación, diversión e intercambio de coñecementos con novos compañeiros cos que comparten a paixón polo vacún leiteiro.