Africor Coruña organizou a IX Poxa de Gando Frisón de Boimorto, coa colaboración deste Concello coruñés. O encontro tivo lugar hoxe durante a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos (Magreco).
Vendéronse os 14 animais que saíron a pista, cun prezo medio de 3.432 euros. O volume de vendas chegou aos 48.050 euros. O animal máis cotizado foi 400 Clara Sugarhigh presentado pola gandería Castro Fernández SC, de Arzúa (A Coruña), e adquiriuno Milagros Parada Buzán, de Portomarín (Lugo), por un total de 5.000 euros.
Resultados completos:
