O Centro de Promoción Rural-EFA Fotneboa acolle mañá unha xornada sobre o programa Obsalim, un método para detectar e corrixir as deficiencias na nutrición dos ruminantes. Xan Pouliquen, de Xestión Agrogandeira e Natureza, será o encargado de desenvolver o encontro cunha sesión téorica e unha parte práctica nunha explotación de vacún de leite.