Fonterra abre o mes de setembro con suba de prezos

Fonterra abre o mes de setembro con suba de prezos

A poxa de Fonterra rexistrou na primeira cita de setembro no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos unha suba do 2,7 % con respecto á quincena anterior, alcanzando así os 2.888 $/tonelada. Cabe destacar o notable aumento que anotou na xornada de hoxe o leite enteiro en po, con 2.702 $/tonelada (+5,3 %).

En canto á manteiga, esta tamén repunta o seu valor ao subir un 1,1 %, cunha cifra media de 4.588 $/tonelada. O queixo marcou -0,6 % e o leite desnatado en po -1,6 %, cun prezo final de 4.102 $/tonelada e 2.286 $/toneladas, respectivamente.