A Escola de Formación Agraria EFA-Fonteboa publicou o calendario de actividades que levarán a cabo ata o mes de xullo. Continúan co terceiro módulo do Programa Integral de Formación en Apicultura e as actividades do programa Apicultura 4.0 - Apirural e ademais realizarán a 'Ruta das Albarizas' o sábado 23 de abril en Vimianzo. Así mesmo, contarán cun curso de carretilleiro e viaxarán ata a Feira Internacional de Maquinaria Agrícola FIMA (Zaragoza).
Xa no mes de maio, continúan con formación relacionada co benestar animal e o muxido, que contará con prácticas, e tamén poderán obter o carné europeo para o manexo de motosierra. En xuño, con motivo do Día Mundial do Leite, realizarán actividades de promoción dos produtos lácteos e, o 4 de xuño, terá lugar a BTT Vía Láctea. Doutra banda, terán un curso de elaboración de lácteos.
Como vén sendo habitual realizarán as mobilidades de alumnado solicitante dos programas Erasmus+ e levarán a cabo o programa Emprácticas e o Work Camp 2022. Clausúraa do presente curso está prevista para o 18 de xuño.