O Foro Agroalimentario de La Voz de Galicia e do Banco Santander remarca o potencial do sector lácteo galego

O Foro Agroalimentario de La Voz de Galicia e do Banco Santander remarca o potencial do sector lácteo galego

Santiago de Compostela acolleu o Foro Agroalimentario de La Voz de Galicia e o Banco Santander, un evento durante o que se analizaron os retos e oportunidades do sector agroalimentario en Galicia. Interviñeron Lorena Ruiz, directora de Negocio Agroalimentario de Banco Santander para España e Europa; José Luis Vilela, director de La Voz de Galicia; María José Gómez, conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia; Jesús García, director de operacións do Grupo Lence; Xesús Maceira, socio de Airas Moniz, e Carlos Carrión, presidente de Paco & Lola.

Durante o foro, abordouse o crecemento da produción de leite en Galicia, un sector que, destacaron, é fundamental para a economía da rexión. Púxose o foco, así mesmo, na necesidade de contar con máis superficie agraria útil e de implementar lexislacións que impulsen o desenvolvemento do medio rural. Neste sentido, a conselleira María José Gómez subliñou que "Galicia é unha potencia agroalimentaria e témolo que crer". Ademais, resaltou a importancia de que as novas xeracións de produtores reciban formación axeitada antes de incorporarse ao sector e afirmou que para aumentar a produción láctea é fundamental mellorar o prezo de pago aos gandeiros por parte da industria.

Pola súa banda, Lorena Ruiz enfatizou a importancia de comunicar a historia que hai detrás de cada produto agroalimentario. Segundo as súa palabras, a forma en que se produce cada alimento é sinónimo de saúde e calidade, e é clave "namorar ao consumidor no lineal" para potenciar o valor dos produtos galegos no mercado. Asimesmo, o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela, animou a pór en valor o prestixio dos produtos do campo galego, "algo no que xa se está traballando desde a marca Galicia" e a poñer en marcha iniciativas innovadoras como as que foron expostas durante o coloquio.