A localidade de Friol celebrará o vindeiro sábado día 21 de outubro unha nova edición da Poxa de Gando Frisón. Organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello de Friol, terá lugar a partir das 12:00 horas no mercado gandeiro municipal.
Poranse á venda un total de 20 animais, 15 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto. Para as persoas interesadas en comprar estes animais, cabe lembrar que ofrecen garantías sanitarias, proceden de ganderías próximas, teñen información xenealóxica completa, o transporte é gratuíto para as explotacións da provincia de Lugo e, ademais, haberá doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao.
Consulta xa a listaxe completa de animais na web de Africor Lugo