Ganadería Rodasinde, San Rián e Baixo Holstein forman parte das mellores ganderías de Galicia en 2022

Ganadería Rodasinde, San Rián e Baixo Holstein forman parte das mellores ganderías de Galicia en 2022

A Federación Frisona Galega (Fefriga) publicou as mencións honoríficas que concede cada ano co fin de promover e rendirlles homenaxe aos criadores que, co seu esforzo, dedicación e profesionalidade, máis se distinguiron durante o pasado ano. Cabe destacar que o listado cos datos de cualificación morfolóxica foi actualizado o 29 de xuño.

A lista das mellores explotacións por produción en 2022 lidéraa Ganadería Rodasinde (O Saviñao, Lugo), seguida de SAT As Pandas (Villalba, Lugo) e SAT Ganadería Xusto (Castro de Rei, Lugo). San Rián (Bríon, A Coruña), Landeira (Negreira, A Coruña) e Casa Menor 1614 (Boimorto, A Coruña) encabezan a lista de mellores granxas de Galicia por ICO, mantendo o mesmo posto que o ano pasado. As mellores ganderías por cualificación morfolóxica foron Baixo Holstein (Sarria, Lugo), Mantoño Holstein (Barreiros, Lugo) e Caseiro de Ernes (Cospeito, Lugo).

Con respecto aos animais máis produtores, por un lado, Manteiga Misione Vera, de Ganadería Manteiga, conseguiu a distinción de primeiriza máis produtora; polo outro, Cundins Tarima Delta Lambda, de Cerdeiras, foi a vaca con máis produción e Vilar-Alaxe Buckeye 547 de SAT Vilar-Alaxe, logrou o premio como mellor produción vitalicia.