Irún (Gipuzkoa) acolleu o venres 1 de xullo a XXI edición do seu Concurso de Raza Frisona, no que participaron cinco ganderías e 37 animais.
O xuíz Jordi Juanola nomeou vaca gran campiona á femia da imaxe, Garaia, presentada por Miguel Gómez e filla de Doorman, que tamén levou o premio de mellor sistema mamario. O título de xovenca gran campiona recaeu na xata Mara, de Jon Gutiérrez.