Hoxe péchase o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Aresa 2022

Hoxe péchase o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Aresa 2022

Hoxe conclúe o prazo para rexistrar candidaturas á edición de 2022 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, un galardón que está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito.

O xurado, formado polo presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o reitor da USC, Antonio López; o vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco José Fraga; o presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra, Marius Rubiralta, e a CEO de Leite Río, Carmen Lence, examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar.