Inaugurada en Madrid a exposición "Coidamos da terra. Coidamos da xente"

Inaugurada en Madrid a exposición "Coidamos da terra. Coidamos da xente"

A Casa de Galicia en Madrid acollerá ata o 31 de xullo a exhibición “Coidamos da terra. Coidamos da xente”, organizada por Muvicla, o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria, situado en Láncara (Lugo). A través dunha serie de paneis e outros elementos tradicionais do rural galego, poderase observar a evolución da Casa Vázquez no seu proceso para pasar de ser unha explotación agropecuaria até converterse no actual museo.

A iniciativa foi inaugurada polo director do centro cultural, Luis E. Ramos, que destacou o labor deste lugar á hora de dar a coñecer a cultura galega na capital española. No acto tamén estiveron presentes Marcos Vázquez e María J. Bande, director e presidenta do Muvicla.

As actividades asociadas á mostra serán:

Xoves, 18 de xullo (19:00 horas)

Presentación das conferencias:

  • Territorio e agricultura, aprendendo do pasado, mirando ao futuro, por Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo da Universidade de Santiago de Compostela.
  • O glamour é do máis rural que hai, por Brais Vázquez, estudante da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
  • Da escola á granxa, por Carlos A. Rodríguez, representante da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

Martes, 30 de xullo (19:00 horas)

  • Proxección do documental Primera peregrinación a Santiago de Compostela en tractor de época.
  • Presentación da publciación Alternativas al uso del petróleo en aplicaciones agrícolas, por María José Bande, presidenta do Muvicla e investigadora do CIAM.
  • Conferencia sobre o proxecto Agricolae Mundi, por Miguel Agulló.
  • Actuación musical de percusión e gaita, por Brais Vázquez e Marcos Vázquez.